A emigración en Chile, ao longo da súa tra-xectoria histórica, nunca superou o 5 por cento da poboación total do país. Dése pequeño número de inmigrantes, a comunidade que alcanza maior contía é a hispana, que supera fol-gadamente a tódalas outras etnias europeas ou americanas1. Ao analízala, resulta evidente un predominio de vascos, cataláns e casteláns, sendo os galegos unha minoría que non supera o 10 por cento do total. Nese sentido, cabe preguntarse se existiron en Chile manifestacións ideolóxicas ou políticas do galeguismo despois da Guerra Civil española, e cal foi o nivel de apoio dos galegos residentes.
A comunidade galega residente en Chile seguiu os patróns asociativos empregados polos seus conxéneres na diáspora en Cuba, Arxentina e Uruguai, aínda que en menor escala. As orga-nizacións xeradas foron creando unha corrente de opinión favorable á construción dunha Galicia diferenciada da comunidade hispana, pero que nunca chegou ás tendencias arredistas. E máis, as súas entidades decláranse hispanistas, aínda que hai elementos individuáis que optan por unha posición rexionalista ou nacionalista.
Neste sentido, a organización de maior peso ideolóxico do período * anterior á Guerra Civil créase no principal porto de Chile, na cidade de Valparaíso, lugar no que en 1930 nace a Agrupación Gallega de Valparaíso. Esta agrupación non se declara publicamente nacionalista, pero entre os seus integrantes cóntanse persoas que profesaban esa ideoloxía, se cadra un tanto mediatizada pola presión unitarista do resto das colectividades españolas residentes2.
Es insensato empeñarse en una forzada asimilación, que pretenda destruir los rasgos peculiares, los caracteres genuinos, las modalidades respectivas del pensar, del sentir, del hablar, cual si hubiese ventaja en sustituir por una uniformidad rígida y muerta... La cultura española no es cultura castellana, sino de todas las regiones3.
Con posterioridade á anterior experiencia, o galeguismo non se fará sentir no chan chileno ata 1940, coa chegada de Ramón Suárez Picallo e Manuel Celso Garrido, os cales, dende a trincheira xornalística de matutinos como
No momento do arribo de Suárez Picallo a Chile, a fináis de 1940, os galegos só contaban cunha pequeña organización chamada Lar Gallego, presidida por Antonio Pérez González, que reunía a un reducido grupo de amigos que realizaban parladoiros no restaurante
Sobre esta base, Suárez Picallo asumiu a tarefa de xerar un discurso que resaltase as realidades rexionais españolas, en especial a de Galicia, ben a través das súas crónicas periodísticas, ben dando conferencias para difundir o coñecemento da patria galega na sociedade chilena, especialmente para conmemorar o Día de Galicia, como a ditada no Centro Republicano Español, en 1942, titulada: "Estampas de
[...] brillante labora de galeguidade que desenrola Suárez Picallo n-aquíl ambente. A colectivade galega adiábase des-ourentada políticamente e coa concíenza patriótica esmorecida. E Suárez Picallo con artigos nos xornaes chilenos e coa sua verba elocuente, fixo o milagre de alcender o sentimiento galeguista que se manifestou rexamente no banquete de máis de trescentos comensaes, co cal, a colectivi-
dade galega de Santiago de Chile celebrou o derradeiro Día de Galiza no aristocrático Hotel Crillón d-aquela Capital6.
Tal labor quedará complementado co seu monumental traballo na prensa chilena, que durante unha década case ininterrompida teño como columnista en diferentes medios escritos da capital e da provincia. Ao coñecido traballo en
A segunda aportación ao galeguismo realizada por Suárez Picallo foi lograr constituir, xunto coas colectividades vasca e catalana residentes, a sección chilena de Galeuzca, na que participa como delegado galego xunto con Manuel Celso Garrido, feito que se lexitimou coa súa incorporación ao Consello de Galiza. Os actos que celebraban as colectividades facíanse en presencia de persoeiros das tres nacionalidades españolas; é así como Suárez Picallo se fai presente de xeito asiduo nos actos cataláns e vascos. Mesmo comeza a participar nos seus órganos de prensa editados en Santiago de Chile.
Polos éxitos obtidos na creación de Galeuzca en Chile e traía visita do galego Rodolfo Prada Chamocín, en decembro de 1944, comeza a destacarse o labor galeguista desenvolvido por Suárez Picallo en chan chileno, do cal faise eco dende Bos Aires A Nosa Terras.
A'nda que a entrada de Manuel Celso Garrido é coincidente coa de Suárez Picallo, o seu labor foi silencioso e esforzado, debido ás pegadas psicolóxicas que lie deixará o trauma do seu paso polos campos de concentración, o roteiro ao exilio mediante o embarque en chan portugués con documentación falsa, e a súa difícil implantación en chan americano, que o levará a perco-rrer Brasil e Arxentina, para radicarse definitivamente en Chile en 19419.
O seu labor galeguista plasmouse tamén na prensa chilena e nos labores asociativos do exilio, onde xogou un rol subsidiario de Suárez Picallo, apoián-doo e acompañándoo en todas as actividades ñas que os galegos debían ser representados. Esa amizade nace ao abeiro do Centro Republicano Español, institución que reunirá a boa parte dos republicanos exiliados en Chile durante esta década de 194010.
A'nda que Garrido traballa preferentemente como empregado e comerciante, dase xeito para colaborar coa prensa galega de Bos Aires colaborando en Galicia, A Nosa Terra e Opinión Gallega, ademáis de traballar na prensa progresista chilena da época, e manten unha colaboración nos xornais
Podemos concluir, pois, que o galeguismo que se vive en Chile durante a década de 1940 é dependente das figuras e accións destes dous persoeiros, que amosaron Galicia a unha opinión pública chilena que descoñecía a realidade das nacionalidades ibéricas. Cando ambos os dous personaxes se ato-paban abocados a esta tarefa, chega a Chile en visita privada Eduardo Blanco Amor ■
1 Só a partir do Censo da República de Chile de
2 Os hispanos de éxito económico en Chile asimilanse á conservadora clase dirixente nacional, por iso tenden a asumir esta ideoloxía como propia, mesmo entre os qué en España se declaran de esquerda.
3 Bergidum. "La armónica diversidad Ibérica", en Galicia en Chile. Órgano de la agrupación gallega de Valparaíso 5, Valparaíso, xuño de 1930, p. 11.
4 Álex Cornejo Serrano. "El exilio galleguista de Ramón Suárez Picallo en Chile 1940-1956", en Actas del Congreso Exilio Gallego, Santiago de Com- postela, setembro de 200Í.
5 "Estampas de
6 "Periplo Galeguista de Rodolfo Prada, o través do continente americano", A Nosa Terra, Buenos Aires, xaneiro de 1945, p. 4.
1 Vid. Álex Cornejo Serrano, op. cit.
8 "Periplo Galeguista de Rodolfo Prada, o través do continente americano", A Nosa Terra, Buenos Aires, xaneiro de 1945, p. 4. 5 Marivel Freiré Freiré. "Manuel Celso Garrido Rodríguez: Achegamento á súa vida e obra", en Actas del Congreso Exilio Gallego, Santiago de Com-postela, setembro de 2001.
10 Manuel Celso Garrido. "Crónica de Santiago de Chile: Una conferencia y un Banquete en el Centro republicano Español", en Galicia, Buenos Aires, 28 de febreiro de 1942, p. 4.
* publicado en Revista Grial. Galicia España.







Comentarios recientes
hace 8 meses
hace 1 año
hace 2 años
hace 3 años
hace 4 años